martes, 21 de febrero de 2017

"La clase por el tejado", un diario visual del trabajo de aula


El tutor de 6ºB de Educación Primaria, David García Anta, nos cuenta cómo está siendo la experiencia de mirar "La clase por el tejado", una iniciativa que lleva desarrollando conjuntamente con los alumnos y alumnas desde principio de curso:

"La clase por el tejado" pretende ser un diario visual del aula de 6ºB. Nos apoyamos en tres canales de comunicación: Twitter, Instagram y Youtube. 

En las dos primeras redes sociales se comparten aquellos trabajos o metodologías que vamos realizando día a día. En muchas ocasiones son los propios estudiantes los que gestionan las entradas de Twitter e Instagram. De esta manera se fomenta el uso de las nuevas tecnologías de la comunicación de una forma responsable y educativa.


Por otro lado, en Youtube complemento los contenidos estudiados con información adicional, que puede ser de interés para el alumnado una vez terminado el horario lectivo. (Compartimos a continuación el primer vídeo de los cinco realizados hasta ahora por David, en este caso sobre una rúbrica de evaluación).


Este proyecto pretende dar visibilidad a la innovación educativa acoplándose a los códigos actuales de las redes sociales: instantaneidad (las producciones se cuelgan en el día), frescura (imágenes modernas, muy visuales) y consulta ágil (no pretende ser una reflexión teórica, sino la visualización del pensamiento y las acciones del alumnado en el día a día).


Desde aquí os invitamos a que sigáis "La casa por el tejado" en las redes:




sábado, 17 de diciembre de 2016

Alimentación saludable






El lunes 7 de noviembre los alumnos de Primaria encontraron en el colegio el Mercado de San José, dando lugar así al inicio de un proyecto interdisciplinar sobre la alimentación y los hábitos saludables.

Además de un restaurante en el hall, pudieron ver en sus pasillos la entrada al gran mercado, compuesto por múltiples puestos de alimentos en las puertas de cada aula. Además, una gran pirámide de alimentos que fueron rellenando, acompañaría el aprendizaje de esas semanas.






El proyecto se realizó en los cursos de 3º, 4º 5º y 6º de Educación Primaria e integró las diferentes materias. 


Las actividades programadas, además de integrar contenidos, buscaron la motivación del alumnado y la organización de su aprendizaje a través de rutinas y destrezas de pensamiento, así como del trabajo en equipo con estrategias de trabajo cooperativo.



Durante dos semanas llevamos a cabo las siguientes actividades:

  • Lengua Castellana y Lingua Galega

-Redacción de una receta adecuada para la merienda del recreo.
-Redacción de un slogan para animar a los alumnos del centro a tener una alimentación sana.
-Salida al supermercado del barrio.
-Elaboración de una circular informativa (carta) para las familias concienciando sobre la necesidad de meriendas saludables en los recreos.




Convite a las familias.

  • Matemáticas

-Producción de una receta atendiendo a las unidades de medida apropiadas para la elaboración del plato.

-Análisis de los resultados de una encuesta sobre los hábitos alimenticios de los alumnos y redacción del informe.

-Elaboración de un presupuesto ajustado para la compra de los alimentos necesarios para la elaboración de las recetas.



  • Inglés: elaboración de un menú semanal saludable y equilibrado.



  • Ciencias Naturales

-Investigación sobre los diferentes tipos de alimentos y elaboración de la pirámide de alimentos.

Alumnos y profes junto a la pirámide de alimentos.

  • Ciencias Sociales   

    -Estudio sobre los cultivos propios de cada estación.

    -Análisis de los símbolos que a parecen en los envases y su significado. 

    -Rodaje de un anuncio para animar a los consumidores a tener una dieta saludable.

    -Concurso de carteles para celebrar el Día Mundial de la Alimentación.

    -Búsqueda de información sobre los Bancos de Alimentos.

     
  • Música: realización de una coreografía con una canción sobre los alimentos.
  • Plástica: elaboración del traje de cocinero. 

     

  • Religión: valoración de las diferentes formas de bendecir una mesa. 

Os invitamos a que veáis la galería completa de fotos en este enlace.

Feliz Navidad y que el año 2017 venga repleto de proyectos.


lunes, 28 de noviembre de 2016

Proyecto "A fraga encantada"


La profesora Alejandra Freire nos resume el trabajo realizado con el proyecto de Infantil y 1º de Primaria "A fraga encantada", finalizado recientemente.

Durante cinco semanas tratamos de conocer la fraga gallega.  

Para ello, en primer lugar, nos acercamos a ese hermoso ecosistema mediante la decoración de nuestro pasillo, en el que encontramos árboles, setas e incluso elementos del imaginario popular como las hadas del bosque. 


Poco a poco nos fuimos adentrando en la realidad profunda de la fraga y conociendo elementos menos visibles, como los animales, con ayuda de trabajos que nuestros alumnos traían de casa y estructuras cooperativas como el "folio giratorio" y "qué sé, qué quiero saber y qué he aprendido".


Además, realizamos actividades lúdicas y enriquecedoras a la vez, como practicar yoga siguiendo las indicaciones de unas hadas que nos contaban un cuento.


Para terminar, hicimos una fiesta todos juntos en la que compartimos nuestra canciones, poesías e, incluso, bailes. En los siguientes vídeos se recoge ese espíritu. Esperamos que os gusten.




martes, 22 de noviembre de 2016

Máis de 200 programas de radio escolar: entrevista a Roberto Catoira.






Entrevistamos a Roberto Catoira, profesor de Matemáticas de ESO e Bacharelato do noso centro, e responsable do programa radiofónico “A Fume de Carozo”, que cumpre nada menos que 200 programas desde o comezo da emisión. Falamos con el tanto de AF/DC (así son as súas siglas, xogando co nome dunha coñecida banda) como doutras iniciativas innovadoras nas que se embarcou.

-Cando e como xurdiu a idea dun programa de radio a nivel escolar?


Ao redor dos anos 2008-2009 varios dos profesores do centro que estabamos implicados no eido da dinamización lingüística asistiamos a moitos encontros, xornadas e congresos sobre esa temática. E alí insistíase moito en que unha das grandes eivas do galego era a perda progresiva da oralidade. Que se facían moitas revistas, carteis ou festas populares, pero que non se falaba. E neses congresos saíron varias experiencias de centros que facían radio porque tiñan a emisora no propio centro. Obviamente, os demais viamos esas ponencias con moita envexa, porque semellaban ciencia ficción. Pero hai algúns aos que “a cabeza non nos para” e buscamos alternativas para levar a cabo un proxecto dese tipo ou similar.


-Que aporta no proceso de formación dos alumnos a experiencia de gravar o programa?


Non creo que eu sexa a persoa máis indicada para falar diso, sobre todo pola gran variedade de circunstancias. Supoño que non será o mesmo falar de alumnado de Primaria que de Secundaria ou Bacharelato. Que non será o mesmo participar activamente na elaboración do guión (ás veces sucede, pero non sempre) a simplemente locutar un programa xa previamente deseñado por outra persoa (que tamén sucede moitas veces). Pero en xeral, a experiencia de ir a unha emisora “profesional”, onde hai material de calidade, e que utilizan outras persoas adultas da cidade e da comarca para facer os seus propios programas, dálle un plus de calidade que os rapaces e rapazas lembran durante moito tempo. É unha desas experiencias inesquecibles que poden marcar a unha persoa.


-A radio é diferente a outros medios baseados nas novas tecnoloxías cos que os alumnos están máis familiarizados.  Aínda así, para eles segue sendo una experiencia tanto ou máis estimulante que a dos medios máis “actuais”. A que cres que se debe?


A radio, como o teatro e outros medios menos “audiovisuais”, levan anos sendo considerados case "en perigo de extinción", porque aparentemente van contra a lóxica destes tempos. Pero aínda resisten moi ben. No caso da radio, que nos ocupa aquí, non todo o mundo pode presumir de que participou activamente na emisión dun programa. E as experiencias singulares son as que nos marcan a vida. Pola contra, nos medios máis actuais e audiovisuais de masas, máis ou menos todo o mundo ten presenza e experiencia.


-No referido aos temas, cales son os que tratades?


O eixo temático xeral é a cultura e sociedade galega, pero as temáticas son moi amplas e flexibles. Destes máis de sete anos, xa lembro literatura, música, arte, cine, teatro, ciencia, deporte, etc. Case calquera idea que nos veña á cabeza saíu algunha vez en “A fume de carozo”. Como a idea saíu do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), é lóxico que o eixo vertebrador sexa ese, pero resulta moito máis amplo do que podería parecer a simple vista.


-Traballas con alumnos de todas as etapas. Que aspectos cambias en función da idade?


Non sei se será excesivo dicir que “traballo” con alumnos de todas as etapas. Eu fago de técnico todos os martes, e son o que contacto cos profesores que coordinan a eses alumnos. Noto que os máis pequenos veñen con moitos nervios, en moitos casos non dormen ben na noite anterior. Os  maiores teñen menos nervios, aínda que tamén depende do seu carácter e do número de veces que viñeran á radio. Os das etapas máis altas xa teñen táboas e nalgúns casos veñen interesados por subir nota (en Bacharelato, por exemplo). A bote pronto, ocórrenseme todas estas particularidades relacionadas coa idade, pero seguro que hai máis. Os ataques de risa en directo son un “perigo” sempre latente con alumnos de calquera etapa.


-Dis que hai algunha materia na que a gravación ten incidencia na nota. Como se incorpora na programación?


En Galego obviamente si. Sobe unhas décimas na nota final da avaliación. No que se refire a min, todos os anos no mes de novembro organizo uns programas sobre científicos galegos, e as primeiras persoas ás que lles ofrezo a posibilidade de participar son os alumnos matriculados na materia optativa de TIC en 4º da ESO. Tamén aumenta unhas décimas na media final dese primeiro trimestre. Eu incorpóroo no apartado de “ferramentas de avaliación”. Hai que subliñar que, obviamente, é unha actividade voluntaria.


-Coñeces o caso dalgún alumno que descubrise a vocación xornalística, ou outra semellante, coa experiencia?


Si, xa lembro uns cantos nestes anos. Aínda que falando claro, o que lembro son casos de xente que xa tiña clara esa vocación. Participar neste programa non fixo máis que afianzala e que xa puidesen sentir o estimulante da experiencia antes de ir á Universidade.





-A nivel de dinamización da lingua galega son importantes iniciativas coma esta. Houbo outras que utilizaras con anterioridade?


Eu, como tanta outra xente do meu centro, e doutros centros, levamos anos “deixándonos a pel” na dinamización da lingua, así que esta proposta é simplemente unha máis das moitas que temos feito. Cando eu era alumno de 3º de BUP neste mesmo centro, naceu a revista CROA (hai case 30 anos). E cando se xubilou o profesor Benito Paz, fun o coordinador da revista durante 10 anos seguidos. Levamos xa máis de 10 anos celebrando o Concurso Cultural no mes de maio, e cada vez con máis éxito de público. Hai máis de 10 anos introducín a festa do Samaín no noso centro e, polo que se vai vendo, cada vez ten máis éxito (aínda que eu xa hai anos que non colaboro na organización, basicamente porque a vida e o tempo non me dá para máis). E seguro que quedan iniciativas por citar, pero agora mesmo non as lembro, son moitos anos cociñando cousas...



-No medio radiofónico ten moita importancia a música. Que música poñedes en “A fume de carozo”?


Nisto teño que recoñecer que cando decidimos poñer en marcha este proxecto no ano 2009, eu, que son un pouco “botado para adiante” de máis nalgunhas ocasións, dixen que nese programa só iamos poñer música en galego. Obviamente, todos sabíamos que a música galega produce moito folk e música tradicional. Pero para intentar utilizar a música como vehículo normalizador, facía falla moita máis variedade, e daquela eu non tiña moi claro se toda esa variedade existía. Ou sexa, metaforicamente, podo dicir que “me tirei á piscina sen mirar antes se tiña moita auga”. Pero, por sorte, había auga, moita, e moi variada. Así que podemos presumir de levar 200 programas en 7 anos e medio e practicamente (hai algunha excepción, pero xustificada) toda a música que puxemos é en galego, ou instrumental de grupos galegos. E podo asegurar que é un medio para dinamizar a lingua tremendamente poderoso. Por exemplo, lembro alumnos que puxeron como politón do seu móbil a “Sementeira” de Fuxan os ventos versionada por Astarot.



-Cambiamos de póla. Fálanos un pouco das Matemáticas. Hai algún método innovador que incorporaras nos últimos tempos?


En 4º de ESO a nova profesora Beatriz López e mais eu estamos intentando innovar con diferentes cousas. Este ano estamos probando a facer en cada avaliación un exame específico de teoría, e así nos outros só entran cuestións prácticas. Tamén imos estrear uns novos “exames” cooperativos, en grupo e con libro, e con cuestións de formulación diferente ao habitual na materia. A ver que tal resulta. Dende este curso, tamén van realizar en equipos cooperativos diferentes proxectos como investigacións estatísticas, fotografía matemática, xogos de cálculo mental do estilo de “Cifras e letras”... A cabeza non para.



-Fuches un dos pioneiros no uso do blog como ferramenta pedagóxica. Cóntanos algo da experiencia.


Obviamente, cos meus anos de voo no mundo da informática, o blog é algo para min moi coñecido dende hai tempo. E hai uns cantos anos, cando decidín darlle unha volta á materia de Informática en 4º de ESO, pareceume que facer un blog cos alumnos no que, por exemplo, fixeramos divulgación científica, era unha boa idea. Sempre hai algún alumno que pregunta “isto da divulgación científica, que ten que ver coa informática?”, pero hai argumentos moi poderosos para responder esa pregunta. Normalmente a participación dos alumnos é bastante salientable, pero xa se sabe que uns anos son mellores que outros, hai grupos aos que este tema lles chama moito a atención, e a outros non tanto. Se non lembro mal, no curso pasado, publiquei máis de 500 artigos de divulgación científica, que se di axiña....


-Por último, Roberto: levamos máis de 200 programas pero, cal é o número final que che gustaría acadar? Do relevo aínda non falaremos…


Pois a min gustaríame moito falar de relevo, pero semella que non é posible, de momento. Como todos sabemos, independentemente do tamaño das organizacións e os colectivos, as cousas fanas as persoas. E o impulso e o toque persoal que lle dea alguén a unha actividade pode facer que esa actividade comece, remate ou modifique a súa traxectoria. Obviamente, a idea de facer radio xa se lle ocorrera a máis xente antes, pero non sabían como levala a cabo. Eu coñecín a emisora de radio comunitaria CUAC FM, e a xente que xa estaba alí, coñecín as instalacións, aprendín a manexar a mesa de control (nunca fixera cousa igual, pero a un informático non lle asustan os aparellos electrónicos, claro), e o resto foi convencer aos profesores do centro de que era factible. Non me gusta presumir, pero seguramente isto comezou e aínda continúa (e seguirá por moito tempo, espero) porque o meu perfil competencial resolve moitos dos problemas asociados ao proxecto. O feito de que eu resolva o problema técnico todos os martes (na emisora CUAC FM ningún programa ten alí un técnico profesional á súa disposición, cada programa que queira saír ao aire ten que ser autónomo para emitir) xa derruba unha barreira infranqueable para a maioría dos centros. Que ademais eu leve anos traballando no eido da cultura galega e da dinamización (combinación pouco habitual coa competencia informática e técnica), fai que resulte doado algo que podía ser case utópico. Eu terei relevo cando apareza no colexio alguén cun perfil similar, pero témome que iso non vai suceder en breve prazo. Así que é posible que o programa dure mentres duren as miñas forzas e ilusións, que por outra parte gozan de boa saúde.

Convidámosvos agora a visionar este vídeo, no que profes e alumnos achegan a súa visión sobre os 200 programas: